Programa Galeuropa 2018

Un dos obxectivos da Asociación, dende o seu nacemento, é o de facilitar a mobilidade da xuventude galega e a mellora das súas situacións laborais.
Este proxecto era a nosa primeira experiencia como asociación no ámbito dos programas da Unión Europea, e solicitámolo no seu momento porque conxunta as nosas aspiracións, os bos resultados que deu durante estes anos reforzou a nosa motivacion para seguir solicitandoa.
A Galeuropa axuda a os mozos e mozas galegos, que están en situación de desemprego e estando motivados na búsqueda activa de alternativas, a mellorar as súas competencias e facilítalles a inserción no mercado laboral.
Os mozos e mozas que desfrutaron das estadías en Irlanda, Malta e Reino Unido durante 3 meses no 2018, amosaron as súas capacidades de evolución tanto a nivel formativo, coma lingüístico e por suposto profesional.
A experiencia que viviron durante a mobilidade axudoulles a completar o seu currículo, a mellorar outro idioma, a reforzar a confianza e aumentar as súas posibilidades no ámbito laboral.

A finalidade de Galeuropa, que son a mellora da empregabilidade dos/as participantes e as súas competencias profesionais, conseguíronse sen ningunha dúbida. A pesares de que a meirande parte das/os participantes non tiñan experiencia laboral, os informes que recibimos das empresas ao remate do proxecto confirmaron o que xa podiamos sospeitar, cada un deu o mellor de si.

As expectativas cumpríronse por riba do que se agardaba.